
Monitores por un camiño accesible
AGAN+, a Asociación Galega de Actividades Náuticas, dentro do programa O teu Xacobeo (Xunta de Galicia) presentou o proxecto MONITORES POR UN CAMIÑO ACCESIBLE este mércores 25 de Agosto no Centro de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) en Mos. O proxecto ten como principal obxectivo facer un Camiño de Santiago máis accesible a través da formación de monitores e acompañantes de persoas con necesidades especiais e a concienciación na mellora de instalacións e equipamentos tanto por terra como por mar.
Estiveron presentes no acto representantes do Concello de Mos, Dna. Marta Fernández Tapias, a delegada da Xunta de Galicia en Vigo, D. Fernando González Abeijón, Director Xeral de Persoas Maiores e Discapacidade, D. Manuel Soliño, Presidente de AGAN+, Celso Álvarez Membro da Xunta directiva de COGAMI, Diego Piñeiro, técnico da área de accesibilidade de COGAMI e Pablo Mariño, Director de Bluscus