Galicia acolleu o workshop internacional “Monitores por un camiño accesible” por terra e mar

Durante a derradeira semana desenvolvéronse as 3 xornadas do Workshop: Monitores por un camiño mais accesible, financiadas por Turismo de Galicia a través do programa O teu Xacobeo.

A inauguración das xornadas correu a cargo de Don Ildefonso de la Campa Montenegro, Director de Administración e Relacións coas Asociacións de Amigos do Camiño (S.A. de Xestión do Plan Xacobeo) en representación do Vicepresidente primeiro e Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia, Don Alfonso Rueda Valenzuela e Dona María Nava Castro Domínguez, Directora da Axencia Turismo de Galicia. Ademáis contamos coa presenza de Manuel Soliño, presidente de AGAN+, que explicou os detalles do proxecto.

 

Nesa primeira xornada incidiuse sobre a accesibilidade dos camiños de Santiago de Compostela tanto por terra como por mar, na necesidade de mellorar as infraestruturas de camiños e de portos e dotalos de equipamentos adaptados (tanto acuáticos como terrestres). Coa presenza de poñentes internacionais de Francia e Portugal, puidemos coñecer os esforzos que se están facendo en estes países para facer actividades inclusivas para todos.

 

Outro dos puntos fortes desa xornada foi a sesión sobre legalidade, educación e oportunidades, na que coa presenza de Merce Luz representante da Fundación ONCE, puidemos debater sobre a normativa existente tanto a nivel autonómico, nacional e internacional que afecta a accesibilidade e que e necesario cumprir para lograr unha plena integración de todas las persoas, sen depender das necesidades especiais que teñan. A concienciación e sensibilización da sociedade e un punto moi importante pero debe ir parello a un apoio por parte das institucións. Destacar que dende a Fundación ONCE están implicados un proxecto de desenrolo de aplicacións para persoas con dificultade visual que lles permita facer os Camiño de Santiago de forma autónoma.

Na segunda xornada realizóuse unha visita de estudio a diferentes portos da provincia de Pontevedra vinculados a algún tramo do camiño de Santiago por terra e mar para valorar o seu grado de accesibilidade para persoas con necesidades especiais. A primeira hora da maña do día 1 de setembro realizamos un tramo do Camiño Portugués pola costa próximo a Baiona, sendo acompañados por membros de Discamino que nos instruíron sobre os equipamentos adaptados que eles usan habitualmente. Xa en Baiona visitamos as instalación do Monte Real Club de Yates, e fomos recibidos polo Alcalde Carlos Gómez que salientou o seu apoio para contar con instalacións adaptadas e accesibles. Nesta visita, puidemos comprobar cales son as embarcacións que se utilizan para realizar vela adaptada así como os equipamentos para facer as transferencias dos pantaláns a os barcos. Posteriormente desprazámonos a Sanxenxo en onde fomos recibidos polo comodoro do Clube Náutico que nos comunicou o esforzo que o clube leva facendo dende fai anos para ofrecer cursos de vela adaptada en colaboración con COGAMI destacando as adaptacións feitas no pantalán para que sexa o mais accesible posible, non so para o uso nos cursos senón para tódolos usuarios. Por ultimo visitamos en Vilagarcía de Arousa o Porto de escala turístico da Autoridade Portuaria e o Centro Galego de Vela no que se entrenan as mellores promesas da vela de Galicia e un dos mellores centros de tecnificación de España.

Na derradeira xornada desfrutamos dun taller para monitores e acompañantes de persoas con diferentes capacidades para apoialos na súa tarefa de realizar actividades inclusivas en concreto no camiño de Santiago.