O minicruceiro a vela pola Ruta Atlántica dos Fenicios na Televisión de Galicia G24

Os Cruceiros Costeiros polas rías de Galicia son unha realidade creada, con 2 millóns de euros do Fondo Europeo, para coñecer de modo diferente as nosas rías. O programa máis innovador levará aos turistas, a partir do 12 de xullo, á ruta atlántica dos fenicios.

Falamos dunha viaxe de seis días. Pero hoxe, para comezar a temporada 2020 de itinerarios náuticos, embarcámonos nun minicruceiro de medio día, pola Ría de Vigo, cunha única escala na Illa de San Simón. É obrigatoria a mascara para embarcar e o lavado de mans. Unha vez a bordo comeza a experiencia. Neste caso o produto turístico inclúe un patrón que axuda a comprender as maniobras no mar, os ventos e as velas.

En San Simón, recólleos Ramón para ser os primeiros turistas que visitan guiadamente a Illa que fora leprosería e cárcere do franquismo. A súa casa de mediodía agárdaos fondeada na ría.