AGAN+, a Asociación Galega de Actividades Náuticas, dentro do programa O teu Xacobeo (Xunta de Galicia) presentou o proxecto MONITORES POR UN CAMIÑO ACCESIBLE este mércores 25 de Agosto no Centro de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) en Mos. O proxecto ten como principal obxectivo facer un Camiño de Santiago máis accesible a través da formación de monitores e acompañantes de persoas con necesidades especiais e a concienciación na mellora de instalacións e equipamentos tanto por terra como por mar.
A iniciativa que se desenvolverá en cinco dos municipios atravesados polo Camiño Portugués e o Camiño Portugués da Costa terá lugar os vindeiros 31 de agosto e 1 e 2 se setembro nas localidades de Mos, Baiona, Sanxenxo, Vilagarcía e Santiago, e inclúe obradoiros presenciais e online e a actividades náuticas. Unha completa programación cun nexo común, dar a coñecer o Camiño de Santiago como camiño accesible por mar e por terra formando aos que poidan organizar actividades no marco da ruta xacobea dirixidas a persoas con discapacidade.
O proxecto inclúe así a organización dun workshop que terá lugar en Santiago de Compostela o día 31 de agosto composto por dous obradoiros de formación cunha compoñente práctica dirixidos a monitores e persoas que poidan apoiar e axudar, principalmente no eido familiar, a persoas con discapacidade agrupadas en asociacións. Xa os días 1 e 2 de setembro o programa presencial completarase coa organización de visitas técnicas ao centro de tecnificación de Vilagarcía, o Real Club Náutico de Sanxenxo e o Monte Real Club de Yates de Baiona onde se imparten cursos de vela adaptada. Asemade, impartiranse dous cursos de formación online, un dirixido a familiares de persoas con mobilidade reducida e outro a monitores deportivos, socioculturais e educativos.
Programa Jornadas Monitores Camiño Accesible_defEstiveron presentes no acto representantes do Concello de Mos, Dna. Marta Fernández Tapias, a delegada da Xunta de Galicia en Vigo, D. Fernando González Abeijón, Director Xeral de Persoas Maiores e Discapacidade, D. Manuel Soliño, Presidente de AGAN+, Celso Álvarez Membro da Xunta directiva de COGAMI, Diego Piñeiro, técnico da área de accesibilidade de COGAMI e Pablo Mariño, Director de Bluscus